As flores non viven por ninguén,
nin por si mesmas:
viven porque non queda outra.
Como, se non, podería vivir o mundo,
sen flores na vida? É o xardín e a
planta quen dan o recurso para
vivir, e a flor quen dá o motivo.
Penso a miúdo que por que estar aquí?
e para que? De que sirve se non podo
estar ben? Para que vivir se non vivo
ben? Por que hostias replicamade.uk.com decido ir a algures
se no fondo desexo estar en ningures?
Tantos relatos de «hai que facer isto, hai
que facer o outro e recibirás isto e recibi-
rás o outro». Non somos cans que
busquemos sermos adestrados, pero a
mensaxe cala igual.
•
A existencia é un mar, partículas que
interactúan entre si non por vontade
senón por inevitabilidade.
•
Pensa a flor na súa condición?
Pensa, quizais, que é inxusto vivir
súbdita da planta? Cre, acaso,
que merece autonomía?
Detesta a súa natureza cíclica,
condenada a aparecer e a desapa-
recer segundo dita a natureza ou,
pola contra, entende?
Non sei se entenderá á planta,
condenada a crear a flor pra
se librar dunha morte eterna.
Non sei nin saberei se a
planta ou a flor están presas dunha condena
semellante á nosa, de preguntarse
constantemente infinitas cuestións
e infinitos silencios.
Sei que non importa.
Nin a min nin a elas.
O que importa é a auga:
a auga ca que rego a terra
na que habitan, a mesma
auga ca que rego o corpo
que eu habito.
•
Quizais tiña máis razón da que
pensaba cando afirmei que a existencia
é un mar. Pois o océano, o mar, o lago,
a lagoa, a marisma, o charco; son todas
o mesmo. A célula cun núcleo que ditamina
a vida do resto é o mesmo que o Sol, que sen
el ningún planeta tería nada que facer.
O Teixugo que coida das crías? Non é máis
nai qu’a Terra ca Lúa, ou que Xúpiter cas fillas.
Material e inmaterial, vida e inerte, son
distincións que, como todo o que precisamos describir con palabras,
son no fondo escravas do capricho
humano, antoxos, arbitrarias. Cando o corpo
que ti ou eu habitamos é descomposto en partes
indivisibles, podemos dicir que morre.
Acaso a rocha non morre por efecto
da auga e do vento?
Nós non somos máis que os monos, somos monos.
Non somos máis que o resto dos mamíferos, nin somos máis que o resto dos animais.
•
Isto é así, queiramos ou non.
Somos todos partículas, nun
mesmo mar!
Observa unha montaña e volta a observala
nuns anos, quizais un millón. Acaso non
empequeneceu? Como fan os velliños co tempo.
Sufriu o paso do tempo igual que ti
e mais eu.
Nós vivimos, ti e máis eu,
e por dentro e por fóra temos
bichiños autónomos de nós.
Non está a montaña
chea de miñocas e toupas?
Non viven nela bosques
e paxaros
e serpes e raposas?
Dime, por favor,
a diferenza entre ti e mais
eu.
Despois, se podes, diferenza entre ti e unha nebulosa.
•
A min non me queda outra
que falarlle ó papel,
pois sei que non me dará máis resposta
que a que eu decida poñer
nos seus beizos. Ti, en cambio, estás a tempo.
Conversa conmigo.
Pode que non saiba a resposta,
pero polo menos sei respostar.
Ti, que non es ninguén
e tamén es todo o mundo,
que es todas as persoas
e, a vez,
todo o que non é persoa.
Fálame, pois eu che podo respostar. Non creo que precises as miñas respostas ou que che sirvan, non creo que poidas entenderme xamáis nin que che interese, pois quen é todo e nada á vez pode ter o que queira. Se de veras quixeras as miñas respostas, non agardarías por min,
a que falase eu primeiro.
•
E eu non me podo negar,
claro está.
Non é que nada mo impida ou que ninguén me force, non. O papel dá poder pra ignorar presión exterior e/ou interior.
Non é iso, pois.
Non te necesito nin necesitei de ti xamáis. Porén, acudo a ti.
Asemade, o que me proporcionan as túas cuestións
e as miñas respostas non é nada.
Menos que nada: algo drenan en min.
Coido que saio perdendo
nesta relación.
Cunha persoa, única, concreta e individual,
esta mesma relación sería a miña
salvación.
Unha beizón baixada
de calquera reino diviño,
do que resulte ser o correcto.
Mais non é,
e ti tampouco es.
Así e con todo, non queda outra.
•
Estou farto do metatextual,
tamén do intratextual.
Constantemente cos porqués,
coma un burro ou peor, ignorando
qués e cómos.
Cego, máis por non querer ver,
que por non poder.
As flores querería velas todas, todas
as que quixesen ser vistas.
Ficaría feliz sen saber o seu nome,
así non molesto preguntándolles
por el.
Querería botarlles unha ollada e observalas e captalas polo rabiño do ollo e perdelas no meu punto cego e examinalas e investigalas e observalas…;
Observalas con atención relixiosa, para despois xirar a cabeza e deixar de pensar nesa flor concreta, nin nas demáis nin en nada, para poder mirar outra vez cara arriba ou cara abaixo, ó ceo e ó mar, captar unha cor viva (coma un gris ou cian) e perder a consciencia, absorto total…;
Sentir seu aroma, sentir as súas danzas e acenos. Sentir o que comen, o que cociñan. Sentir unha gastronomía floral incomparable no mundo, única en cada m² que visite, única para cada flor a quen lle pregunte…;
Quitar as luvas de pedra e sentir o roce. O agarimo doce e paseniño das flores, impulsado polo aire e polo vento, amantes en segredo das falas das flores…;
Escoitar como cantan, cando canten,
sen pensar no que din.
E é que algunhas cantan cancións tristes,
outras alegres,
melancólicas
ou ansiosas.
Algunhas cantan sobre a súa planta,
benzoándoa con agarimos envoltos
nunha caixa de son.
Outras non cantan senón
porque lles peta, porque si.
Porque saben, porque poden,
porque lles gusta.
•
Pero a realidade é que todas as flores ou cantan todavía ou cantaron nalgún momento. Eu quero sentir o son, experimentalo. Cantan en variadas linguas e sotaques, en moitos rexistros e volumes. Cantan cando poden e cando lles deixan.
E eu quero ser un con ese son,
quero ser canción de flor.
•